Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)
Unha maneira de facer Europa

NECESIDADES
- Crear condicións favorables para unha recuperación económica a través da formación, da innovación e da promoción en sectores coma o comercio que se consideran con potencial en Lalín.
- Manter un tecido comercial minorista local en bo estado de saúde e apoiando as novas iniciativas neste eido.
- Crear emprego e fixar poboación.
- Revitalizar a contorna urbana de Lalín como o importante centro de atracción comercial que sempre foi ata o inicio da crise.
OBXECTIVOS
Os principais obxectivos son:
- Promocionar o comercio online, co impulso dunha plataforma que facilite as vendas tanto aos comerciantes locais coma a aqueles pequenos produtores locais e artesáns que atopan barreiras ou non dispoñen de suficientes medios para a distribución dos seus produtos.
- Promover a modernización do sector facilitando ao pequeno comercio o acceso a novas tecnoloxías, novas canles de venda, novas formas de pago e outras melloras en atención aos seus clientes, coma o servizo a domicilio.
- Potenciar o comercio de Lalín ofrecendo unha ferramenta de apoio á venda tradicional que permitirá a calquera comprador, con independencia da súa localización, descubrir a oferta do comercio da nosa vila.
RESULTADOS
A actuación fará que o concello de Lalín consiga:
- A mellora da competitividade do sector.
- Un incremento da actividade comercial minorista que evite un baleiro comercial do centro urbano.
- Unha mellora social da actividade comercial minorista vinculada ao emprego.
- Unha mellora social da actividade comercial minorista vinculada a prácticas de comercio xusto, producións ecolóxicas, produtos artesáns…
NoVas

MÁIS DE 200 COMERCIOS DO CONCELLO VENDEN EN LIÑA A TRAVÉS DE MERCALALÍN PARA FACILITAR AS COMPRAS AOS VECIÑOS
MercaLalín é unha plataforma de comercio en liña, de acceso gratuito, que proporciona un completo escaparate de produtos locais...